Axencia de colocación ASTI

Hoxe comezamos unha nova actividade no Colegio Hogar Afundación.

Coa finalidade de atender ás demandas de emprego dos nosos alumnos e calquer outra persoa que se rexistre, o Colegio Hogar está inscrita como sede da axencia de colocación ASTI (Asociación Salesiana para a Tecnoloxía e a Innovación).

Deste xeito a nosa Axencia de Colocación, en colaboración co Servizo Público de Emprego (SEPE), realizará actividades de intermediación laboral que teñen como finalidade proporcionar ás persoas traballadoras un emprego adecuado ás súas características e facilitar aos empleadores as persoas traballadoras máis apropiadas aos seus requirimentos e necesidades.

Temos posta moita ilusión nesta actividade xa que, co noso granito de area, podemos colaborar coas persoas desempregadas, así como coas empresas, para facilitar a incorporación ao mundo laboral destes desempregados.

 

 

pepe

Author: pepe

Compartir