Uso de cookies Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información aquí: Política de cookies. Permitir cookies

APLICACIÓNS PRÁCTICAS DO LÁSER. CUVI

O desenrolo do relatorio dividiuse en dúas partes ben destacadas:

Unha primeira parte teórica (no noso centro) onde Fernando Lusquiños fixo unha breve presentación sobre os seguintes temas:

  1. a) Explicación do láser como fonte de enerxía (luz coherente).
  2. b) Enerxía do láser, tipos de láser atendendo a súa lonxitude de onda e a súa potencia.
  3. c) Tipos de láser (Láser de CO2, Láser de diodo, Láser excímero, Láser de fibra)

Acompañou o seu relatorio coa visualización de diferentes vídeos onde se podía observar a aplicación dos láser a nivel industrial.

A segunda parte transcorreu  no laboratorio de Física Aplicada do CUVI, onde Felipe Arias aportou unha visión práctica do explicado pola mañá no centro. A actividade consistiu:

  1. a) Visita guiada aos laboratorios do Departamento de Física.
  2. b) Explicación in situ da instalación dos equipos.
  3. c) Realizáronse probas de marcado con láser CO2.
  4. d) Demostracións de probetas diferentes procesos e procedementos para modificar as propiedades físico-mecánicas dos materiais.

Todo unha experiencia.

Juan B. Carpintero

Author: Juan B. Carpintero

Compartir