Uso de cookies Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información aquí: Política de cookies. Permitir cookies

Alfombra de María Auxiliadora

Un ano mais, fieis a nosa tradición, o 23 pola tarde comezamos a elaborar a alfombra diante da fachada do colexio, na honra de María Auxiliadora. Este ano contamos coa axuda de moitos nenos e nenas, que cun coidado exquisito, foron elaborando cada un dos detalles da alfombra e fixeron posible que remataramos ben cedo.

Temos que agradecer o seu traballo a todo o departamento de Artes Gráficas. Mestres e alumnos, fixeron o deseño e a preparación dos materiais que se empregaron na súa confección. Coordinaron tamén ao resto de mestres e alumnos que alí estiveron para facer esta obra de arte sobre o chan.

Parabéns para todos os que participaron nesta actividade colexial!

Juan B. Carpintero

Author: Juan B. Carpintero

Compartir