Alarmas robo e intrusión. MADINFOR

 

 

Dende a empresa MADINFOR, María D. Ferreiro xunto co noso querido Abel Pantón, alumno recentemente titulado no Colegio Hogar, viñeron a falarnos das posibilidades laborais que nos ofrece o mundo do negocio das alarmas e a intrusión, xunto co atractivo engadido que ten ese campo no que se require a continua actualización e a aplicación das novas tecnoloxías.
Ademais, ofrecéronnos unha clase maxistral sobre a utilización e mantemento de diferentes modelos de alarmas.

MADINFOR é dende fai anos empresa colaboradora do colexio acollendo alumnos en prácticas e dando emprego despois a moitos deles.

Juan B. Carpintero

Author: Juan B. Carpintero

Compartir