Uso de cookies Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información aquí: Política de cookies. Permitir cookies

Afrontando estes días con ánimo

O Colegio Hogar está baleiro, é unha situación que non viviramos en todos os seus anos de historia. É unha circunstancia que temos que afrontar unidos, unha proba que nos puxo a vida diante e que só superaremos cun esforzo común.
Sabemos que para moitos a proba está a ser especialmente dura, xente que está a padecer a enfermidade, que está afastada dos seus seres queridos, ou quen as consecuencias económicas desta crise xa están a golpear directamente. A todos eles, queremos facerlles chegar unha mensaxe de solidariedade, de agarimo e acompañamento, iso que tan ben resume unha palabra italiana moi presente na nosa comunidade: a amorevolezza.
Si, o colexio está pechado, pero as nosas clases non. Somos moitos os profesores e alumnos aos que este vínculo que creamos cando nos coñecemos en setembro non nolo vai a romper ningún virus, por nome raro que teña. Así que aí estamos, mandando tarefas, pelexándonos co classroom (que gran idea pasarnos a el fai un par de anos), mandando algún vídeo e até facendo clases online, con maior ou menor éxito. Todos estamos a aprender.
Unha das cousas que máis me emocionou, foi como os propios alumnos pedíronnos ter os Bos Días e non só iso, se non que se comprometeron a facelos eles mesmos, cada día uno. E hei de dicir que non só temos nos nosos ciclos a futuros grandes técnicos, senón tamén un filón de artistas múltiples: escritores, poetas, humoristas… o que nos descubriu o coronavirus!
Compartímosvos de novo as fotos da convivencia inicial deste curso para enviarvos toda a enerxía que acumulamos aquel día. Moito ánimo, botámosvos de menos, pronto estaremos xuntos.

nuria

Author: nuria

Share This Post On