Uso de cookies Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información aquí: Política de cookies. Permitir cookies

Acto Inaugural. XII SETEC

Un ano mais, o Colegio Hogar Afundación pon en marcha una edición da súa tradicional SETEC (Semana Técnica). Imos xa pola XII edición, e este ano coincide co 70 aniversario do centro.

A relatorio inaugural foi levado a cabo por Dª. Carlota Sánchez-Montaña, coordinadora adxunta de Educación Superior de Afundación, quen nos facilitou unha visión dos cambios que se están a producir na sociedade actual que están a producir modificacións importantes no mercado laboral e as consecuencias que iso xa está tendo sobre os traballadores.

Un relatorio moi apropiado para dar o punto de partida desta Semana Técnica e invitarnos a participar dunha forma activa en todas as actividades propostas nesta edición.

Presidiu o acto o director do centro José Rodríguez Míguez, quen apuntou, entre outras cousas, que estamos no 70 aniversario do centro e fixo un pequeno repaso pola historia do Colegio Hogar Afundación, recordando que somos un centro de referencia en Formación Profesional desde 1948.

Este ano contaremos coa presenza de mais de 70 empresas, con outros tantos relatores, que de un modo totalmente desinteresado, como recordou o xefe de estudos, compartirán con nos os seus coñecementos e a súa experiencia.

Ánimo e aproveitar ao máximo esta XII SETEC.

 

Juan B. Carpintero

Author: Juan B. Carpintero

Compartir