Uso de cookies Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarle publicidad relacionada con sus preferencias mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información aquí: Política de cookies. Permitir cookies

A DISTRIBUCIÓN DA AUGA. INSTRUMENTACIÓN E CONTROL – AQUALIA

David Soneira Fernández, Xefe de Produción de Galicia Oeste, de FCC Aqualia, a través do seu relatorio tratou os pasos que se dan na xestión da auga ata chegar ao consumidor (procesos, distribución, medición, control, regulación…).

 

Baseándose no seu coñecemento da distribución da auga en Vigo, os alumnos de sistemas de automatización e robótica industrial e de mantemento electrónico puideron coñecer, de primeira man, os diferentes elementos que interveñen na xestión da auga; os tipos de medicións necesarias: caudal, nivel, presión…; instrumentos de medida utilizados: sensores de pH, pluviómetros, medidores de nivel de ultrasóns, medidores de caudal electromagnéticos; así como os sistemas utilizados na regulación e control: reguladores de presión, caudal, nivel.

 

Ademais mostrou os distintos sistemas de telecontrol, que alimenta ao SCADA, que ten montado Aqualia para poder monitorizar e controlar, en tempo real, todos os parámetros necesarios na distribución da auga ata o consumidor.

 

 

 

Juan B. Carpintero

Author: Juan B. Carpintero

Compartir